Vistas de página en total

jueves, 24 de marzo de 2011

Publicada Resolución Definitiva da Sec. Xeral para o Deporte de subvencións a Clubs Deportivos

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS E AGRUPACIÓNS DEPORTIVAS ESCOLARES DE GALICIA, PARA SUBVENCIONAR A SÚA ACTIVIDADE DO ANO 2010 

Resoltas as alegacións presentadas contra os datos deportivos certificados polas federacións galegas, publícanse os importes definitivos das axudas. Coas alegacións, son varias as entidades que ven incrementada a súa subvención. Outras acadan os 5 puntos necesarios para ser beneficiario. Así, todas as entidades, debido ao correspondente prorrateo, ven algo rebaixada a subvención provisional.
Na resolución recóllese, para cada entidade, a puntuación total resultante da valoración dos datos e o importe da subvención.
Para o cobro da subvención deberase presentar xustificación de gastos feitos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010. 

É importante ver na web o documento guía para a xustificación da subvención.

Ver enlace:http://deportegalego.es/index.php?idMenu=67&int1=1300&idIdioma=2 

miércoles, 23 de marzo de 2011

COPA A MARIÑA FÚTBOL SALA 2011

COPA A MARIÑA F. SALA:
Benxamín, Alevín e Infantil


A.-CALENDARIO DE COMPETICIÓN: (ORIENTATIVO)
            1ª XORNADA DE COPA: Segunda semana de maio(Día 7)                
         XORNADA FINAL: Terceira ou Cuarta semana de maio.
            As xornadas de Copa de Fútbol Sala en A Mariña comenzarán posiblemente o 7 de Maio; tamén dependendo do número de equipos inscritos. Será por concentracións pero o sistema de competición definitivo terémolo unha vez nos confirmedes os equipos participantes.

           
B.- EQUIPOS PARTICIPANTES:
            1.- Participarán os equipos de categoría benxamín, alevín e infantil que así o desexen.

            2—Para confirmar a participación do equipo; faredes a inscripción antes do día 15 DE ABRIL (VENRES) Debedes facernos chegar a esta agrupacion cuberto o             impreso que se achega no folio 2 por FAX ó 982.12.12.80, ou por email a agrupacionamarina@gmail.com

C-TROFEOS:
            1.- Entregarase o trofeo de campión de copa ó 1º da categoría benxamín, ó 1º da categoría alevín e ó 1º da categoría infantil

D- SORTEO:
            1.- O sorteo e a composición dos grupos terá lugar  MÉRCORES 27 DE ABRIL  ás 20:00 horas no Colexio O Pilar de Foz.

E- SEDES:
            1.- As entidades que o desexen poden solicitar ser sede dos encontros asumindo o “bocata” de mediodía. A sede da final dispoñerá tamén dun equipo de megafonía.

F- ENTREGA DE PREMIOS:
            1.- O día das finais entregaranse tamén os trofeos ós equipos campións e subcampións das ligas regulares de fútbol sala e baloncesto.




jueves, 17 de marzo de 2011

Normativa Probas Atletismo


Adxuntamos Normativa de Atletismo en Pista Escolar, Horario para as probas clasificatoriase Folla Excell para facer as inscripcions.


A mutualización dos atletas de cada entidade deberá facerse, como máximo, ata 3 días antes da participación no mesmo.

A inscrición farase antes das 23:59 do xoves anterior a cada proba clasificatoria.
As inscricións faranse mediante o documento “Excel” adxunto. (InscripciónPista-2011.xls)

NOTA.- Aquelas entidades que se desplacen a Lugo, deberan indicar na inscripción, cantos rapaces/rapazas van a comer.

Enviaranse as seguintes direccións de e-mail:
Delegación de Lugo da FGA: fgatletismolugo@gmail.com
Servizo Provincial de Deportes: deporte.escolar.lugo@gmail.com

Os dorsais serán recollidos por cada entidade na secretaría da competición.

As probas clasificatorias e provincial celebrarase no Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo, sendo aconsellable o uso de zapatillas de cravos, sen que estes sobrepasen os 6 mm de lonxitude, quedando exentos desta norma os participantes nas probas de marcha e lanzamento de peso/disco e martelo.

As probas a celebrar son:
·         27 de marzo de 2.011 – 1ª Xornada Clasificatoria
·         2 de abril de 2.011 – Campionato Provincial Probas Combinadas.
·         10 de abril de 2.011 – 2ª Xornada Clasificatoria.
·         1 de maio de 2.011 – Campionato Provincial.
·         21 de maio de 2.011 – Campionato Galego Individual e Probas Combinadas (Ourense).

martes, 15 de marzo de 2011

CAMPIONATO COMARCAL DE FÚTBOL SALA BENXAMÍN

SEMIFINAL E FINAL COMARCAL
F. SALA BENXAMÍN.
           
            Unha vez rematada a fase de grupos regular do grupo benxamín de fútbol sala; comunicamos os horarios e datas dos encontros das SEMIFINAIS E FINAL COMARCAL DE A MARIÑA.

            PAVILLÓN: COLEXIO O PILAR. FOZ.

            DATA: SÁBADO, 26 DE MARZO DE 2011.

            ENCONTROS:
           
            SEMIFINAL:
            10,30 : A.D. PRAIA COVAS – BURELA F.S. (1)
            11,20 : E.D. LOURENZÁ – A.C.D. XOVE (2)
             GRAN FINAL:
            12,30 : VENCEDOR 1 – VENCEDOR 2.

            *** Os equipos participantes aportarán balóns para realizar o seu quencemento.


            *** Recordamos que os equipos que cheguen á final representarán á comarca no campionato PROVINCIAL.

lunes, 14 de marzo de 2011

FINAIS CAMPIONATOS DE FÚTBOL SALA

F. SALA BENXAMÍN:
Acceden ás Semifinais comarcais:
Grupo a: Praia de Covas e E.D. Lourenzá.
Grupo b: Acd Xove e Burela F.S.

F. SALA ALEVÍN:
Campión: Superti-Pontenova. Subcampión: E.D. Lourenzá.
Ambos acceden ó cto. provincial

F. S. INFANTIL:
Pendente de resolución en 2 xornadas.

F. SALA CADETE:
Campión: E.D. Lourenzá. Subcampión: CFS Cidade de Viveiro.
*** Pendente de que comunique a federación os equipos que irán ó Provincial.

sábado, 5 de marzo de 2011

Partidos aprazados Fútbol Sala

Débese comunicar resultado dos encontros que no seu día foron aprazados de:

Categoría Benxamín. Antes do 12/03/2011: Ollo. 
BURELA B - LOURENZÁ
CIDADE DE VIVEIRO - BURELA A.

Categoría Infantil. Antes do 26/03/2011: Ollo.
ALFOZ - LOURENZÁ
BURELA A - LOURENZÁ
BURELA A - BURELA B
A MARIÑA - LOURENZÁ
LOURENZÁ - BURELA A

Acta reunión ctos. provinciais.

A TÓDALAS ENTIDADES DEPORTIVAS:
            INFORMACIÓN REUNIÓN LUGO: 4 DE MARZO DE 2011.

            O pasado xoves día 3 de marzo celebramos a reunión cos responsables provinciais de deportes e os coordinadores de zona da provincia; na que se estudiaron as datas e lugares de celebración dos distintos campeonatos provinciais. A resolución é a seguinte:

1º.- CRUCES CUARTOS DE FTS

Este ano empezamos en cuartos.
Pasan directamente os primeiros de cada zona e faise unha previa entre os catro mellores segundos das zonas onde hai máis participación.
Comunicar ás Entidades se algunha está desposta a organizar as finais. Teñen que facerse cargo da comida e trofeos. Lugo decidirá entre as propostas máis viables.
As datas son:
PREVIAS: 2 DE ABRIL
CUARTOS: 9 ABRIL
SEMIFINAIS E FINAIS: 30 ABRIL

Os emparellamentos quedan así:

BENXAMÍN
Previas:

2º A MARIÑA- 2º SUR OCCIDENTAL
2º LUGO- 2º TERRA CHA

Cuartos

1.      1º VAL DE LEMOS- VENCEDOR (2º A MARIÑA- 2º SUR OCCIDENTAL)
2.      1º TERRA CHA- 1º LUGO
3.      1º SUR OCCIDENTAL- VENCEDOR (2º LUGO- 2º TERRA CHA)
4.      1º A MARIÑA- 1º A MONTAÑA

Semifinal
1-2 e  3-4



ALEVÍN
Previas:

2º LUGO- (2º SUR OCCIDENTAL-2º VAL DE LEMOS)
2º A MARIÑA- 2º TERRA CHA

Cuartos

1.      VENCEDOR(2º LUGO- (2º SUR OCCIDENTAL-2º VAL DE LEMOS))-1º TERRA CHA
2.      1º MONTAÑA- 1º A MARIÑA
3.      VENCEDOR (2º A MARIÑA- 2º TERRA CHA)- 2º VAL DE LEMOS
4.      1º SUR OCCIDENTAL - 1º LUGO

Semifinal
1-2 e  3-4


INFANTIL
Previas:

2º TERRA CHA- 2º SUR OCCIDENTAL
2º A MARIÑA - 2º VAL DE LEMOS

Cuartos

1.      1º A MARIÑA- 1º VAL DE LEMOS
2.      VENCEDOR (2º TERRA CHA- 2º SUR OCCIDENTAL)- 1º A MONTAÑA
3.      VEMCEDOR (2º A MARIÑA- 2º VAL DE LEMOS)- 1º TERRA CHA
4.      1º SUR OCCIDENTAL- 1º LUGO

Semifinal
1-2 e  3-4


2.- DATAS CAMPONATOS PROVINCIAIS:

ATLETISMO PISTA:
CLASIFICATORIAS: 27 MARZO E 10 ABRIL
COMBINADAS: 2 ABRIL
PROVINCIAL: 1 DE MAIO
GALEGO 21 MAIO


DUATLON
PROVINCIAL 9 ABRIL- LUGO

PATINAXE ARTÍSTICA
PROVINCIAL 14 MAIO- LUGO

TENIS DE MESA
PROVINCIAL 10 ABRIL A PIRINGALLA- LUGO
GALEGO 28 MAIO/4 XUÑO- PONTEVEDRA


XADREZ
PROVINCIAL 30 ABRIL- LUGO
GALEGO 28 MAIO LUGO


NOTA Baloncesto

        Temos equipos na zona que lles falta de remitir documentación. Urxe que se envíe.
  

                                                               A.D. A MARIÑA