Vistas de página en total

jueves, 17 de marzo de 2011

Normativa Probas Atletismo


Adxuntamos Normativa de Atletismo en Pista Escolar, Horario para as probas clasificatoriase Folla Excell para facer as inscripcions.


A mutualización dos atletas de cada entidade deberá facerse, como máximo, ata 3 días antes da participación no mesmo.

A inscrición farase antes das 23:59 do xoves anterior a cada proba clasificatoria.
As inscricións faranse mediante o documento “Excel” adxunto. (InscripciónPista-2011.xls)

NOTA.- Aquelas entidades que se desplacen a Lugo, deberan indicar na inscripción, cantos rapaces/rapazas van a comer.

Enviaranse as seguintes direccións de e-mail:
Delegación de Lugo da FGA: fgatletismolugo@gmail.com
Servizo Provincial de Deportes: deporte.escolar.lugo@gmail.com

Os dorsais serán recollidos por cada entidade na secretaría da competición.

As probas clasificatorias e provincial celebrarase no Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo, sendo aconsellable o uso de zapatillas de cravos, sen que estes sobrepasen os 6 mm de lonxitude, quedando exentos desta norma os participantes nas probas de marcha e lanzamento de peso/disco e martelo.

As probas a celebrar son:
·         27 de marzo de 2.011 – 1ª Xornada Clasificatoria
·         2 de abril de 2.011 – Campionato Provincial Probas Combinadas.
·         10 de abril de 2.011 – 2ª Xornada Clasificatoria.
·         1 de maio de 2.011 – Campionato Provincial.
·         21 de maio de 2.011 – Campionato Galego Individual e Probas Combinadas (Ourense).