Vistas de página en total

miércoles, 23 de marzo de 2011

COPA A MARIÑA FÚTBOL SALA 2011

COPA A MARIÑA F. SALA:
Benxamín, Alevín e Infantil


A.-CALENDARIO DE COMPETICIÓN: (ORIENTATIVO)
            1ª XORNADA DE COPA: Segunda semana de maio(Día 7)                
         XORNADA FINAL: Terceira ou Cuarta semana de maio.
            As xornadas de Copa de Fútbol Sala en A Mariña comenzarán posiblemente o 7 de Maio; tamén dependendo do número de equipos inscritos. Será por concentracións pero o sistema de competición definitivo terémolo unha vez nos confirmedes os equipos participantes.

           
B.- EQUIPOS PARTICIPANTES:
            1.- Participarán os equipos de categoría benxamín, alevín e infantil que así o desexen.

            2—Para confirmar a participación do equipo; faredes a inscripción antes do día 15 DE ABRIL (VENRES) Debedes facernos chegar a esta agrupacion cuberto o             impreso que se achega no folio 2 por FAX ó 982.12.12.80, ou por email a agrupacionamarina@gmail.com

C-TROFEOS:
            1.- Entregarase o trofeo de campión de copa ó 1º da categoría benxamín, ó 1º da categoría alevín e ó 1º da categoría infantil

D- SORTEO:
            1.- O sorteo e a composición dos grupos terá lugar  MÉRCORES 27 DE ABRIL  ás 20:00 horas no Colexio O Pilar de Foz.

E- SEDES:
            1.- As entidades que o desexen poden solicitar ser sede dos encontros asumindo o “bocata” de mediodía. A sede da final dispoñerá tamén dun equipo de megafonía.

F- ENTREGA DE PREMIOS:
            1.- O día das finais entregaranse tamén os trofeos ós equipos campións e subcampións das ligas regulares de fútbol sala e baloncesto.