Páginas vistas en total

lunes, 24 de octubre de 2016

Comenza a Temporada 2016 - 2017!!! Presentada a campaña de Deporte Escolar en A Mariña!!!

Nunha gran ceremonia de presentación da nova temporada arrancou onte no Colexio do Pilar a asamblea ordinaria de zona de A Mariña; a campaña de Deporte Escolar da Xunta de Galicia "Xogade"; onde estiveron os respresentantes dos clubs de A Mariña así como D. Manuel Otero (xefe do Servicio provincial de deportes), D. Carlos Lorenzo (coordinador provincial de deportes) e os representantes da A.D. A Mariña D. Juan Vivero (presidente) e D. Rubén G. Piñeiroa (secretario)

Comenzou o acto cunha breve proxección dun vídeo da temporada pasada emotivo de 5 minutos de duración. Logo D. Manuel Otero seguiu o acto dando a benvida ós representantes dos equipos e xunto con Carlos Lorenzo repasaron as novedades para esta temporada, entre as que destacan que aparece unha nova modalidade "Multixogo" para nenos de 6 a 8 anos e o resto de disciplinas que continúan ofertándose de igual xeito que a temporada pasada.

Logo dende A agrupación Mariña presentaronse as datas de competición así como as distintas modalidades: 
Campo a través, atletismo, tenis de mesa, fútbol sala, baloncesto, patinaxe artístico, xadrez, duatlon, bádminton e natación.
Destacar que as ligas regulares de fútbol sala e baloncesto comenzarán o 12 de novembro xogándose interrumpidamente todos os sábados, tendo previsto rematar a finais de febreiro.
O campo a través queda fixado en domingo a partir desta temporada coas seguintes datas: 18 decembro 1ª preparatoria, 22 xaneiro 2ª preparatoria e o cto. comarcal para o día 5 de febreiro. O campionato provincial será o domingo 18 de febreiro e o cto. galego de campo a través o sábado 11 de marzo.
En atletismo anunciaronse tamén as datas xa marcadas no calendario: 1ª preparatoria en pista para o 2 de abril, 2ª preparatoria 30 de abril e cto. provincial o 2 de maio.
Rematou a acto coa entrega de trofeos da temporada recén rematada:
- Campión Liga F. Sala Benxamín: Santiago de Foz.
- Campión Liga F. Sala Alevín: Acd Xove
- Campión Liga F. Sala Infantil: Fornos Superti.
- Campión Liga. F. Sala Cadete. Burela F. S. A
- Campión Liga Basket Benxamín: O Pilar.
- Campión Liga Basket Av. Mixto: M. Otero.
- Campión Liga Basket Av. Feminino: O Pilar.
- Campión Copa F. Sala Benxamín: Burela F.S A
- Campión Copa F. Sala Alevín: Acd Xove
- Campión Copa F. Sala Infantil: Fornos Superti
- Campión Copa F. Sala Cadete: Maderas Barcia Lourenzá.