Vistas de página en total

viernes, 14 de enero de 2011

CIRCULAR CAMPO A TRAVÉS.

CIRCULAR 4
7 de Xaneiro de 2011

CAMPO A TRAVES:

A.-REGULAMENTO:

            1.- CATEGORIAS:                       
Benxamín (2003 / 2002)
Alevín (2001 / 2000)
Infantil (1999 – 1998)
Cadete (1997 – 1996)

B.- PARTICIPACION:
            1.-Cada clube/entidade poderá participar en cada categoría , na proba preparatoria, cos atletas dos   que dispoña , e na proba clasificatoria, cos equipos dos que dispoña.
            2.- Para as probas clasificatorias zonal e provincial, cada clube poderá formar os seus equipos           seleccionando os seus atletas.
            3.- A entidade que non consiga completar un equipo, poderá inscribir ós seus atletas a nivel    individual.
C.-CALENDARIO DE PROBAS:
            1ª Proba  preparatoira, SÁBADO: DÍA 15 DE XANEIRO
         2ª Proba preparatoria, SÁBADO: DÍA 22 DE XANEIRO
         Proba clasificatoria final: SÁBADO: DÍA 29 DE XANEIRO
 As probas celebraranse no Campo de Fútbol Municipal de Sta. Cruz         (Lourenzá)

D.- INSCRIPCIÓNS:
            1.- Para as probas preparatorias utilizaranse tarxetas nas que se deberá facer constar:
                        Nome a apelidos
                        Ano de nacemento
                        Número de licencia
                        Nome do clube ou entidade

2—Para confeccionar as rutas de transporte é preciso que antes das 12,00 horas      do día 12 de Xaneiro(mércores) , fagades chegar a esta agrupacion cuberto, o     impreso que se achega por FAX ó 982.12.12.80, ou por email a agrupacionamarina@gmail.com

E-TROFEOS:
            1.- No proba preparatoria haberá medalla para os tres primeiros clasificados de cada proba e categoría e diploma para os clasificados entre o 4º e o 10º lugar.

            2.- No proba clasificatoria haberá igualmente medallas para os tres primeiros clasificados de forma individual, e para os membros dos tres primeiros equipos de cada catagoría.

F- RESULTADOS:
 Os resultados das probas amosaranse na páxina da agrupación: www.agrupacionamarina.blogspot.com